Sempre semella o mesmo, pero nunca é igual. O que si se parece é o berro: Excursión!!, que sae das gorxas dos compañeiros que traballan sobre o adarve, como se fosen castrexos de pura cepa. Bromas aparte, é un reto manter Baroña “aberto por obras” durante unha restauración deste calibre, pero paga a pena e o xacemento, descomunal e icónico, o merece. Por eso, as visitas guiadas a grupos escolares forman parte do noso día adía, algo que nos gusta e un reto que dá sentido ao noso traballo.
Onte, o temporal de auga e vento non permitiu a visita dos rapaces do CEIP de Baroña ao castro da súa parroquia, cita aprazada para o próximo luns, pero hoxe, co ceo calmo, achegáronse canda nós os alumnos do Colexio da Compañía de María de Cangas do Morrazo,un clásico baroñés de tempada xa que acoden todos os anos, nunha especie de liturxia que se prolonga curso a curso.
E aí están recorrendo a Punta do Castro e posando, noutro ritual clásico da nosa querida Baroña, nas enigmáticas escaleiras que dan paso ao terceiro recinto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario