O Castro de Baroña cambiou moito nos últimos anos, e non só na faceta da
práctica arqueolóxica. A posta en valor dos restos e a creación de novos
equipamentos cambiaron a filosofía da visita e fixeron que, por fin, o gran
xigante puidera falar. Os 1.101 visitantes que pasaron polo Punto de
Información Turística esta pasada Semana Santa, ben contabilizados e asesorados
pola técnica e querida amiga Ludi Maneiro, falan ben ás claras da potencialidade
deste xacemento como recurso cultural e turístico.
E nós non imos variar esta dinámica. Dentro do proxecto, desenvolvemos
arestora un completo programa de difusión e divulgación, que inclúe visitas
guiadas, compatibles co propio traballo arqueolóxico. Deste plan xa gozaron os alumnos do IES de Espiñeira
(Boiro) e Porto do Son, e para esta
mesma semana teñen concertada visita activa os CEIP de Baroña e Santa Irene
(Porto do Son).
No hay comentarios:
Publicar un comentario